Concello de Brion

logotipo

Actividades

Novas

Policía Local
01-10-2026

Con motivo da celebración da XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía, o sábado 3 de outubro estableceranse restricións ao tráfico entre as 16:00 e as 20:00 horas nas rúas sinaladas.

A veciñanza residente nas rúas polas que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 16:00h.

Baños da Carballeira
25-09-2026

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey, inauguraron esta mañá as obras de mellora e posta en valor do palco da música da carballeira de Santa Minia, unha actuación que supuxo un investimento de 48.354 euros. O proxecto contou cunha axuda de 28.224 euros procedentes da Xunta de Galicia, a través do GDR Terras de Compostela e dentro da iniciativa Leader.

Pases Santa Minia
18-09-2026

Con motivo da celebración da Romaría de Santa Minia e como xa é costume os acesos con vehículos pola Avenida de Santa Minia estarán restrinxidos. Por este motivo, a veciñanza que teña que acceder aos seus domicilios con vehículos durante estes días terá que solicitar unha autorización de paso. 

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!