Boullón

PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BOULLÓN

ALDEAS:
Cantelar, Tembra, A Igrexa.

CODIGO POSTAL: 15865

EXTENSIÓN: 3,5 km cadrados

VALE A PENA VER:
Igrexa parroquial de San Miguel de Boullón (S. XVII)
Cruceiro do Angueiro
Cruceiro da Igrexa
Cruceiro de Tembra
Castro de Tembra (nos Altos da Faboira, 200 metros)

A HISTORIA:
Conta a Historia Compostelana que o arcebispo Diego Xelmírez rescatou esta parroquia do poder duns cabaleiros e unha vez que a liberou mandou construir alí (no lugar chamado Paradela, ao pé do camiño de Santiago a Noia) pazos e casas para poder hostedarse el e mailos seus acompañantes.

No século XVII, en tempos do poeta Martiño Torrado de Figuera, foi anexo da veciña parroquia de Urdilde (Rois).

 

PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE BOULLÓN