11-11-2022
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente

FEGATEATRO BRIÓN | O Enredo

A compañía A Tequerreté Teatro presenta en Brión a obra O Enredo, dentro do ciclo FEGATEATRO BRIÓN 2022

Sinopse:
Unha parella espera o seu primeiro fillo. Para festexar o feliz acontecemento son convidados a cear na casa da súa irmá e cuñado. Tamén asistirá un amigo común da infancia. Mentres agardan a chegada da embarazada, desvélase cal é o nome elixido para o seu futuro fillo. O desafortunado da elección desencadea toda una restra de rifas, recriminacións e ataques mutuos que acaban por converter a cea nunha auténtica batalla campal. Todo baixo a indiscreta presenza da veciña osmona.

Data e hora: Venres, 11 de novembro ás 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Fecha Fin
2022-11-11