A biblioteca municipal participa un ano máis no programa Ler conta moito

Actuación de Mamá Cabra o paso ano en Brión
Trátase dun programa de axudas da Dirección Xeral de Cultura para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia a través de actividades lúdicas, culturais e educativas.

Hoxe coñecemos, trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Referímonos ao programa Ler conta moito, do que a biblioteca municipal foi beneficiario un ano máis, acadando axudas por un importe de 866,66 € que se empregarán para a contratación de varias actividades de animación que se programarán nos vindeiros meses coa idea de achegar á cidadanía a lectura e a información dun xeito lúdico e atractivo.

A través deste programa, as bibliotecas públicas da Rede teñen a súa disposición un amplo catálogo con actividades onde os profesionais da animación se inscriben ofrecendo as súas propostas aos centros interesados. O pasado ano, a través desta liña de axudas, a biblioteca municipal organizou un espectáculo de maxia, un recital de música e un contacontos.