Brión estrea punto limpo móbil, que levará a recollida selectiva a todas as aldeas

Punto Limpo Móbil
O vehículo, adquirido á empresa Grúas e Autoventas Betanzos SL, comezou xa o seu percorrido polas distintas parroquias do @concello comezando por Cornanda, onde estará a disposición da veciñanza durante unha semana.

O punto limpo móbil ten 8 compartimentos para a recollida selectiva de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa. “É unha forma de facerlles máis fácil a reciclaxe aos veciños e veciñas de Brión, achegándolles o servizo á porta das súas casas”, explica Pablo Lago, quen adianta que “este punto limpo móbil achegarase de forma periódica polas aldeas para recoller estes residuos e complementará outros servizos xa dispoñibles como os contedores para a recollida de aceite, os minipuntos limpos e o servizo de recollida que prestan dende a Mancomunidade Serra do Barbanza”.

Así mesmo, o camión grúa prestará un importante servizo á brigada municipal de obras cando non estea sendo empregado para desprazar o punto limpo.

Calendario punto limpo mobil