Detección e intervención en risco de suicidio

Charla Sociosanitarias
As acccións formativas serán no Centro Social Polivalente e estarán orientadas a persoas profesionais do ámbito sociosanitario.

Como colofón ao programa “FALAMOS”, de prevención e información sobre o risco de suicidio, que o concello de Brión ven desenvolvendo en colaboración coa Asociación Andaina Pro Saúde Mental,  convócase aos profesionais interesados na materia a participar nunha acción formativa de 4 horas de duración, na que se ofrecerán ferramentoas para a desmitificación, a mellora na detección e na intervención en risco de suicidio.  

A acción formativa desenvolverase no Centro Social Polivalente en dúas convocatorias:
- O luns 27 de novembro de 09:00 a 13:00
- O mércores 20 de decembro de 16:00 a 20:00

A acción formativa está aberta a calquera profesional interesado na materia, e será certificada polo Concello e á asocicaión xestora.

Mais información nos teléfonos: 698149915 / 981076405