Finaliza o prazo para participar no Premio Laudamuco

Premio Laudamuco
O día 11 de febreiro remata o prazo de admisión de orixinais para participar na IV edición do Premio Laudamuco para textos teatrais.

O Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, anunciou o pasado novembro a convocatoria do IV Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2022. Un certame literario creado co propósito de estimular e apoiar a dramaturxia en lingua galega e contribuír ao recoñecemento dunha figura clave das nosas artes escénicas, Roberto Vidal Bolaño.

O día 11 de febreiro rematará o prazo de admisión de orixinais para participar neste certame e optar a un premio composto por unha dotación económica de 7.000 euros mais a publicación da obra gañadora por parte de Edicións Positivas. A este galardón poderán optar persoas de calquera nacionalidade que presenten ata a data indicada obra dramática, escrita en lingua galega, inédita e nunca antes premiada.

As bases do certame poden consultarse premendo na seguinte ligazón.