II Festival de Cine Galego OTREMO: programación completa

Carteis dos filmes programados no festival OTremo
Brión acolle os días 12, 13 e 14 de abril a segunda edición do Festival de Cine Galego OTREMO. Un evento que naceu coa idea de achegar a vangarda do noso cinema ao público da capital de Galicia e a súa contorna.

O 2º Festival do Cine Galego OTREMO regresa esta primavera a Brión cunha programación que inclúe a proxección de tres películas dirixidas ou protagonizadas, cando menos, por unha/un artista da nosa terra. Ademais dos seráns cinematográficos, as xornadas complementaranse con presentacións, photocall, charlas-coloquio e momentos de petisqueo e música onde participarán algunhas/uns das/dos realizadoras/res e actrices e actores participantes nos filmes.

Programación do festival

O festival, que se desenvolverá durante tres días, celebrarase no Centro Social Polivalente de Brión (Pedrouzos) atendendo ao seguinte programa:

VENRES 12

Proxección de HONEYMOON (2023). Coa presenza e participación da actriz María Vázquez e o realizador Enrique Otero.

Desenvolvemento:

20:00 h. Música en directo / Recibimento / Photocall

21:00 h. Presentación / Película / Coloquio

23:00 h. Música en directo / Petiscos

SÁBADO 13

Proxección de AMIGOS HASTA LA MUERTE (2023). Coa participación da actriz Marta Hazas e o actor e realizador Javier Veiga.

17:00 h. Repetición película do día anterior

20:00 h. Música en directo / Recibimento / Photocall

21:00 h. Presentación / Película / Coloquio

23:00 h. Música en directo / Petiscos

DOMINGO 14

Proxección da película ¡SALTA! (2023). Participación pendente de confirmar (en breve publicaremos a información).

12:00 h. Repetición película do día anterior

16:30 h. Recibimento / Photocall

17:00 h. Presentación / Película / Coloquio

19:00 h. Segunda sesión ¡Salta!

 

Para asistir como público ao evento será necesario realizar reserva previa de entradas na Billeteira Municipal da web do Concello de Brión: billeteira.concellodebrion.gal. ou chamando ao 649 80 89 03 (A partir do luns 25 de marzo).

Festival “Otremo” é un evento organizado por Aldea Producións e o Concello de Brión.