A piscina de Bastavales inicia a súa temporada

Piscina
A veciñanza xa pode gozar dos servizo destas instalacións durante os meses de verán

A piscina de Bastavales ven de abrir as súas portas. Unha refrescante alternativa para gozar do tempo de lecer nos meses estivais. Dende as 16:00 ata as 21:00 h. permanecerá accesible para toda a veciñanza. Quen o desexe, poderá entrar cun pase permanente ou aboando unha entrada diaria.

O pase permanente consiste nun carné que xa se pode solicitar na Casa da Cultura contactando co técnico municipal de deportes. As/os interesadas/os só deberán aboar nun único pagamento unha cantidade que lles permitirá acceder ao recinto durante toda a temporada estival. Ata 14 anos de idade son 6 €, os maiores desta idade deberán aboar 12 €.

Para aquelas perdoas que desexen facer uso da piscina de xeito ocasional, existe a alternativa de adquirir un billete para para ese día aboando 0,60 €, as/os usuarias/os de ata 14 anos, ou 1,20 €, as persoas maiores desa idade.

Para obter máis información ou para resolver calquera dúbida, poderemos contactar coa Casa da Cultura a través do tfno. 981 50 99 08 (mañás).