10-10-2025
     
20:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión

OUTONO CULTURAL | Documental: "Prisciliano e a Gallaecia"

Arraianos Producións presenta en Brión o documental: "Prisciliano e a Gallaecia"

Un documento audiovisual que reúne as voces de especialistas na materia de universidades de todo o mundo. 

Sinopse:

Un documental de Aser Álvarez producido por Arraianos Producións. Trátase dunha pequena road movie que propón un itinerario polos principais xacementos arqueolóxicos vinculados co priscilianismo: Santalla de Bóveda, Valga, Quiroga ou Compostela, pero tamén aqueles lugares polos que se estendía a antiga provincia romana da Gallaecia, como Palencia, Astorga, Ávila e Braga.

DATA: venres, 10 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)

Entrada de balde ata completar a capacidade do local

Actividade patrocinada polo programa Outono das Artes da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-10