25-10-2025
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO: "Mal de Miolo"

O grupo de teatro Pico do Castro presenta en Brión a obra: "Mal de Miolo"

Sinopse:

As personaxes, un doutor con dominio en temas de psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!.

Así as cousas, o doente pouco a pouco irá sacando das casiñas a un doutor moi resistente a desbordarse a pesar do desfile de ocorrencias e situacións, insólitas e raras, que lle propón o seu doente.

Neste senso, ambas personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocrisía, a soidade, a sexualidade.

Tódolos públicos | Comedia

DATA: sábado, 25 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información sobre a obra na FEGATEA

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-25