OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO | TEATRO PEDROSO: O Mundo ao revés
O grupo de teatro da Asociación Cultural e Teatral Pedroso presenta en Brión o espectáculo "O mundo ao revés"
Unha obra escrita e dirixida por Betty Couce
Xénero: comedia | Tódolos públicos | Duración aprox.: máis de 50 min.
Sinopse:
O mundo avanza a un ritmo cada vez máis rápido, o cal, dis que é bo. Pero nesta comedia reflíctese que, ás veces, certos progresos resultan difíciles de entender. Esta obra mostra o asombro e o desacordo ante certas inxustizas que hoxe en día normalizamos. Matilde leva toda a súa vida traballando, malia os seus problemas de saúde, servindo con lealdade ao alcalde e súa dona, aos que admira. Pero de súpeto, entra nas súas vidas, mellor dito, na súa casa, unha persoa que de traballar entende pouco. A súa presenza vai cambialo todo ata o punto que, despois de asistir a esta representación, pensaremos que o mundo está ao revés.
DATA: sábado 24 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala
Máis información na FEGATEA