OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO: "Un tranvía chamado desexo"
A Compañía Sen Cancelas Teatro presenta en Brión a obra: "Un tranvía chamado desexo"
Sinopse
Un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948.
Esta obra foi levada ó cine en varias ocasións, e escenificada en multitude de teatros de todo o mundo.
Sen Cancelas Teatro constrúe a súa persoal versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora.
Público adulto/mozo | Drama
DATA: sábado, 18 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Máis información sobre a obra na FEGATEA