17-10-2025
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

OUTONO CULTURAL |Teatro profesional: "Iphixenia na porta do súper"

A Compañía Humana presenta en Brión a obra "Iphixenia na porta do súper"

Sinopse:

Iphixenia, unha "nini" de barrio, pasa os días nun bucle de alcol e apatía roldando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un mozo distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista para sufrir unha gran perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar aos deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina.

Público adulto | Drama

DATA: 17 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal

Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-17