A caída hoxe de parte dun dos carballos próximos á capela de Santa Minia podería ser un síntoma de que a Armillaria mellea tamén afecta a algunhas das árbores que aínda non foran analizadas.
A edición deste ano do Rali Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas no noso concello. Será en horario de mañan e haberá un reagrupamento, a partires das 9:45h na Rúa Tarrio, polo que pasarán todos os participantes.
O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, mantivo unha entrevista co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para abordar o estado das obras de estradas provinciais no municipio e as necesidades do Concello de Brión no ámbito da mellora da seguridade vial.