Consulta sobre o V PLAN DE IGUALDADE DE BRIÓN
Aberta a participación na consulta sobre o V Plan de Igualdade de Brión
O Concello de Brión continúa coa elaboración do V Plan de Igualdade e anima á veciñanza a participar activamente neste proceso.
Xa teñen participado numerosas persoas, mais a consulta continúa aberta para que todas e todos poidan achegar as súas inquedanzas, propostas e ideas co obxectivo común de construír un concello máis seguro, libre e igualitario.
As achegas pódense facer de dúas maneiras:
-
A través da Caixa de Correo da Igualdade, situada no Centro Social Polivalente.
-
De forma anónima e online, cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón:
👉 https://forms.gle/bXcioU64JQfJmjGr7
O Concello agradece a colaboración da veciñanza e lembra que cada opinión conta para seguir avanzando cara á igualdade real en Brión.
Tipo de Actividad