EMPRENDE, XESTIONA, MEDRA!
O Concello de Brión acolle un programa de formación práctica e gratuíta para mulleres do rural, con ferramentas e coñecementos para poñer en marcha unha idea, consolidar un negocio, afrontar un relevo xeracional ou adaptarse ás novas obrigas normativas.
Programa:
9 de setembro: Vantaxes da economía social
10 de setembro: Creación dunha web
11 de setembro: Creación dunha tenda en liña
14 de setembro: Programas de xestión para pequenas empresas
15 de setembro: Verifactu e novas normativas obrigatorias
16 de setembro: Contido dixital e redes sociais
17 de setembro: Automatización de procesos e ferramentas de intelixencia artificial
Modalidade flexible:
Presencial na aula CeMIT de Brión, na Carballeira de Santa Minia, 2.
En liña, para conectarse desde calquera lugar.
A participación é gratuíta.
Inscrición e reserva de praza:https://forms.gle/p8h5iFXjwWusRPFA7