Entre as 16:00 e as 20:00 horas do sábado 3 de outubro haberá restriccions. Consulta o plano.
Con motivo da celebración da XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía, o sábado 3 de outubro estableceranse restricións ao tráfico entre as 16:00 e as 20:00 horas nas rúas sinaladas.
A veciñanza residente nas rúas polas que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 16:00h.
Unha vez que a Policía Local proceda ao peche total do percorrido, non estará permitida a circulación de vehículos polo circuíto ata a reapertura das vías.
Pregamos á veciñanza que, na medida do posible, evite o uso dos vehículos nas zonas afectadas durante o horario indicado, salvo por causa de forza maior.
>>> VER PLANO COAS RESTRICIÓNS: https://i.gal/jSGOX