O acto de inauguración tivo lugar esta mañá e contou coa asistencia do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín; o coordinador institucional de ABANCA, José Manuel Vilariño Orgeira; a coordinadora adxunta á Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela Garicano; a directora da oficina de ABANCA, Amparo Varela Neiro; a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero; e a concelleira María Fariña.
O 30 de xaneiro, data de nacemento de Castelao, celebramos o Día da Ilustración. Unha efeméride impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración en colaboración coa Xunta de Galicia. Cada ano homenaxéase a unha destacada figura da ilustración en Galicia. Este ano, por primeira vez, renderase merecido recoñecemento a unha persoa en vida.
O alcalde de Brión, Pablo Lago, achegouse un ano máis ás escolas do municipio para entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar brionesa de Infantil e Primaria do CEIP de Pedrouzos, a EEI de Os Ánxeles e a EEI de Sabaxáns (Bastavales). As crianzas galardoadas recibiron vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar.