A Xunta de Galicia e o Concello de Brión estreitan a súa colaboración para impulsar, de xeito conxunto, a execución de obras de mellora no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos e no IES de Brión.
O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a vicepresidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Ana Mª Rodríguez, acompañados pola concelleira e o técnico municipal de Cultura, aproveitaron o acto de entrega do Premio Laudamuco para pechar un acordo que permitirá celebrar no municipio un novo ciclo de teatro amador.
Os dramaturgos Julio Fernández Peláez (Zamora) e Alberto de Casso Basterrechea (Madrid) foron galardoados co VII Premio Laudamuco para Textos Teatrais pola súa obra conxunta "Vento mareiro non dá voltas", presentada a concurso baixo o lema “Acacia”.