ESCENARIOS DE PAIXÓN. A MARÍA CASARES | EXPOSICIÓN ALFONSO COSTA E ISABEL PINTADO
Os artistas plásticos Alfonso Costa e Isabel Pintado presentan en Brión a exposición "Escenarios de paixón. A María Casares"
Os pintores Isabel Pintado e Alfonso Costa renden homenaxe, desde as súas linguaxes plásticas, ao traballo escénico e ao compromiso vital da actriz María Casares, á súa solidariedade e rebeldía, que levou nunha maleta, con destino a París, os fragmentos dun país desmembrado pola dor, unha España rota pola Guerra Civil.
DATAS: do 3 de decembro de 2026 ao 5 de febreiro de 2027
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)
INAUGURACIÓN: xoves 3 de decembro ás 20:00 h.
O horario de visitas será o de apertura da Casa da Cultura.
Fecha Fin
2027-02-05