17-11-2026
     

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O Concello de Brión organiza varias actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A programación desenvolverase os días 17, 25 e 26 de novembro.

MARTES 17 DE NOVEMBRO

De 9:30 a 14:00 h. CIM móbil na Carballeira de Santa Minia. Atención psicolóxica, social e xurídica especializada en violencia de xénero.

MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO

12:00 h. Praza do Concello.
Concentración e lectura do manifesto contra a violencia de xénero.
Actuación "Ti es veleno", do Teatro das Maniotas e o Coro do IES Brión.
Reparto de material da campaña "De Fronte", da Deputación da Coruña.

XOVES 26 DE NOVEMBRO

10:00 h. Centro Social Polivalente. Xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e formación para o persoal técnico "Cara B das violencias machistas", a cargo de Arabías.

18:45 h. Centro Social Polivalente. Obradoiro de autodefensa feminista impartido por Cristy Tojo.

20:15 h. Centro Social Polivalente. Proxección do videoclip "Ti es veleno", do Teatro das Maniotas e o Coro do IES Brión.

Inscricións para o obradoiro de autodefensa feminista: ata o propio día da actividade, a través do correo beatriz.yanez@concellodebrion.gal ou do teléfono 981 509 910.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-11-26
Documentos
25N.pdf (258.89 KB)