04-11-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

BRIÓN INCLÚE: HUGO - OS NÁUFRAGOS TEATRO

A Compañía Os Náufragos presenta "Hugo"

Data: sábado, 4 de novembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

Espectáculo para toda a familia. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

SINOPSE:

Hugo é diferente, gústalle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. HUGO é, en definitiva, un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.
HUGO é unha peza familiar para todos os públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións diarias experimentadas polas persoas con Trastornos do espectro do autismo (TEA).

Obra galardoada co Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo para a infancia.