CAMIÑO DE SANTIAGO POLA RÍA DE MUROS NOIA 1ª ETAPA
O Concello de Brión organiza o vindeiro 16 de maio de 2026 unha actividade de sendeirismo polo Camiño de Santiago Ría de Muros Noia.
Datos da actividade
Data: 16 de maio de 2026
Percorrido: de Muros á igrexa de San Xoán de Sabardes
Distancia: 16 quilómetros aproximadamente
Dificultade: baixa
Prazas: 52 persoas
Prezo: 8 euros por persoa
Traslado
A saída en autobús será ás 9.00 horas desde a Praza das Polbeiras, en Brión.
Inscricións
As inscricións poderán realizarse ata o xoves 14 de maio no Departamento de Deportes do Concello de Brión.
Lugar de inscrición:
Casa da Cultura do Concello de Brión
Carballeira de Santa Minia, 5
Máis información:
Teléfono: 981 50 99 08
Correo electrónico: deportes@concellodebrion.gal
Recomendacións
É necesario levar xantar tipo pícnic e recoméndase acudir con roupa e calzado cómodos.
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión.