22-10-2026
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura). Carballeira de Sta. Minia nº 5

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS: FRUMARIO O BIBLIOTECARIO

O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema “Sen profesionais, non hai bibliotecas”, co desexo de reivindicar o traballo de todas as persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un conxunto de recursos, andeis e espazos.

Para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal de Brión quere convidar á cidadanía a unha actividade de animación a cargo de Manuel Pombal que presenta en Brión o espectáculo “Frumario o bibliotecario”

DATA: 22 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
DURACIÓN: 45 min. (aprox.)

Publico familiar. Especialmente dirixida a crianzas de 6 a 12 anos.
Acceso libre ata completar a capacidade da sala. Reserva de localidades neste formulario

Actividade patrocinada polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Máis información no blog da biblioteca municipal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-10-22