15-10-2021
     
Centro Social Polivalente

CICLO FEGATEATRO: "LISÍSTRATA" DE TEATRINO

A compañía Teatrino presenta en Brión o seu espectáculo "Lisístrata"

Sinopse:
Lisítrata ten un plan para deter a guerra entre Atenas e Esparta. Se as mulleres inician unha folga de abstinencia sexual, os homes, desesperados, terán que negociar con elas e entre eles. Pero non será sinxelo manter tal abstinencia ante as presións masculinas. Comedía clásica revisada chea de enredos e xogos de palabras que serve para denunciar a visión masculina dos roles femininos e para apuntar a necesidade dunha militancia activa pola igualdade de xénero.

Comedia. Tódolos públicos. Duración aprox.: 65 min.

Data e hora de celebración: venres, 15 de outubro ás 20:30 h.

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe co nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-10-15