22-02-2026
     
A partir das 16:30 h
Rúa Tarrío

ENTROIDO 2026 EN BRIÓN [NOVA DATA DE CELEBRACIÓN]

Don Carnal retorna un ano máis a Brión para convidar á veciñanza a vivir o Entroido. Unha festa que ía celebrarse o día 15 de febreiro pero que, debido ás malas predicións meteorolóxicas para esa data, vai adiarse unha semana, ata o domingo 22 de febreiro.

A festa celebrarase na Rúa Tarrío, ao carón do Parque Cuberto de Lamiño. A xornada incluirá o gran desfile, o concurso de disfraces e o baile, amenizado pola ORQUESTRA ESCAPARATE.

Nova data e hora de celebración: Domingo 22 de febreiro, dende as 16:30 h.

Desfile: Concentración no Pavillón Polideportivo Municipal de onde sairá as 16:30h., acompañados da CHARANGA OS CELTAS, para percorrer o Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño.

Concurso: con máis de 2.500,00€ en premios. Consulta as BASES.

Inscrición: Atención, as persoas, grupos e comparsas que desexen participar poderán inscribirse ata o día 20 de febreiro. A mesma poderá realizarse persoalmente na Casa da Cultura ou por correo electrónico a cultura@concellodebrion.gal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-02-22