21-10-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2023 - Teatro do Ar: "Lonxe dos teus abrazos"

O grupo Teatro do Ar presenta en Brión: "Lonxe dos teus abrazos"

DATA: sábado 21 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Lonxe dos teus abrazos é unha comedia romántica que nos mostra a dificultade dunha relación a distancia dun mozo e unha moza que soñan e queren ter unha vida adulta, pero que non rematan de adaptarse ao que se lles prometeu cando eran nenos. Amelia é filósofa, traballa nun supermercado mentres prepara a oposición a profesora. Vive en Galicia e trata de curar unha depresión que non entende.

Xénero: Comedia romántica. Todos os públicos. Duración: máis de 50 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.