ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS E DE OBRAS E SERVIZOS
A estación móbil UM 3, encargada da inspección periódica obrigatoria de vehículos agrícolas e de obras e servizos, estará en Brión o vindeiro 7 de abril de 2026, en horario de 9:00 a 13:30 horas.
O servizo prestarase na Paraxe Villa Amalia, na avenida de Santa Minia, fronte ao Centro Social Polivalente.
As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da páxina web www.sycitv.com
O cambio de ubicación respecto de anteriores convocatorias responde a requisitos esixidos unilateralmente pola empresa prestadora do servizo como condición para continuar realizándoo no concello. Entre esas condicións figuraba que a zona estivese completamente asfaltada. Ante esta situación, o Concello de Brión realizou as xestións necesarias para garantir a continuidade deste servizo no municipio, fixando un novo emprazamento que cumpre coas condicións requiridas.
Desde o Concello recoméndase ás persoas usuarias que reserven a súa cita con antelación suficiente para facilitar a organización do servizo e evitar incidencias.