05-06-2025
     
20:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión

MAIO CULTURAL - PRESENTACIÓN DO LIBRO "FREMOSAS" DE BARAHÚNDA

Barahúnda, o dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro presenta en Brión o libro "Fremosas: cantigas de amigo e de amor".

Unha publicación, con códigos QR para descargas as cancións, que xira arredor da lírica medieval galaico-portuguesa, concretamente as cantigas de amor e amigo. Un artefacto musical, literario e divulgativo proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que o grupo foi creando a través dos anos.

Data: xoves, 5 de xuño de 2025
Hora: 20:00 h.
Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Acceso libre ata completar a capacidade do local.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-06-05