“ARRIEIROS SOMOS”, a serie-documental de Rubén Riós, chega este venres á parroquia de Bastavales no Concello de Brión

Josefa de Bastavales
Este novo capítulo transportaranos ata a parroquia de Bastavales no Concello de Brión, o venres día 10 de decembro ás 21:00h na canle de AFUNDACIÓN TV.

Esta entrega homenaxea a nosa música tradicional, ás cantareiras e á forza da muller tradicional galega a través de Josefa de Bastavales, unha muller que marchou de xira a Francia con Manu Chao con preto de 70 anos.

A mediados do ano o director Rubén Riós deixouse ver pola parroquia de Bastavales situada no Concello de Brion da man de Josefa de Bastavales, unha muller polifacética pero ante todo cantareira e pandereteira, que narrará primeira persoa as súas andanzas compartindo escearios coas grandes persoalidades do mundo da música coma Cristina Pato, Susana Seivane e Mercedes Peón entre outras.

O cineasta plasmou en imaxes os testemuños de esta gran muller tradicional galega que nos conta como Manu Chao creou a súa canción de DESAPARECIDO na lareira da dúa casa. O capítulo conata coa colaboración da súa filla, Marcelina Vilas, e da súa neta, Fátima Pego, que farán a audiencia testemuña das vivenzas e anécdotas desta muller loitadora, traballadora e vangardista.

A serie-documental recentemente premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, aposta pola sabiduría e experiencia das xeraciós anteriores,xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor.

Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senón, que no transcurso dos doce capítulos dos que consta esta segunda tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto, ou non queremos escoitar, e que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.

O capítulo que emitirase na Canle de AFUNDACIÓN TV o venres ás 21:00h deixando ver como esta muller chea de vida adéntranos nas historias e inquedanzas da súa vida.

Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de Brión polo seu compromiso coa nosa Galicia e as nosas xentes.

Sen dúbida este será un capítulo con homenaxe as nosas mulleres galegas e a nosa música tradicional a través de Josefa de Bastavales.