Brión celebrou un ano máis a festa do Entroido

Chikipatas, gañadores na categoría grupos
Un desfile e o tradicional concurso de disfraces serviron de colofón ás festas do Entroido na comarca.

Como ven sendo habitual, Don Carnal visitou Brión en domingo de piñata para celebrar con toda a veciñanza a tradicional festa do Entroido. Un evento que se iniciou arredor das 16:30 h. no Pavillón Polideportivo Municipal, onde os numerosos participantes nas diferentes categóricas convocadas se concentraron para iniciar un desfile que transcorreu polo Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño, lugar onde se desenvolveu a fase de concurso e o posterior serán musical a cargo do grupo JB Son.

O xurado, presidido por Rosa Romero Fariña, concedeu o primeiro premio na categoría de comparsas a “Aí veñen os de Bugallido” (Ames), dotado con 300 euros. O segundo premio foi para Pontedisfraz: nativos americanos e o terceiro para “A Ruliña de Laraño está no universo”. “Chikipatas” impúxose entre os grupos participantes. En total, repartíronse 2.550 € entre as distintas categorías.

PREMIADOS NO CONCURSO DE DISFRACES

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos):

Accesit (vale de 15 € en mat. didáctico): WALL-E ,(ROBOT)

5º Premio (vale por 20 € en mat. didáctico): BOB ESPONJA Y SUS AMIGOS

4º Premio (vale por 30 € en mat. didáctico): SOÑANDO COA BATUTA

3º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico): BENVIDA A BRIÓN

2º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico): A CHAMADA DA SELVA

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico): A PRINCESA DAS ESTRELAS

 

MODALIDADE XUVENIL INDIVIDUAL (ata 17 anos):

1º Premio (vale por 60 € en mat. didáctico): BALROB

 

 MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL (+ 18  anos):

3º Premio (50 €): LA REINA DE LAS MEDUSAS

2º Premio (75 €): FAUNIA, GARDIÁ DA CARBALLEIRA

1º Premio (100 €): HULK RAGNAROK

 

MODALIDADE PARELLAS:

Accesit (25 €): FUNKO PELIQUEIROS

Accesit (25 €): LA DOMADORA DE LAS FIERAS MÄS INDOMABLES

3º Premio (100 €): O REGRESO DOS DINOSAUROS

2º Premio (125 €): A LA BRIOÑESA

1º Premio (150 €): AS SARGADELAS

 

MODALIDADE GRUPOS:

3º Premio (150 €): POLAR OU TROPICAL?

2º Premio (175 €): CANDO CHEGA O ENTROIDO NAI E FILLO DANNO TODO

1º Premio (200 €): CHIKIPATAS

 

MODALIDADE COMPARSA:

Accesit (40 €): O RETORNO DA ALEGRIA

Accesit (40 €): LAVADORAS EN LOITA

Accesit (40 €): QUE VEÑEN OS CASACAS ROXAS... DE URDILDE

Accesit (40 €): PETA PETA PANDEIRETA

Accesit (40 €): CIRCUS OZONE GIM

4º Premio (150 €): CABALLEROS DEL ZODIÁCO

3º Premio (200 €): A RULIÑA DE LARAÑO ESTA NO UNIVERSO

2º Premio (250 €): PONTEDISFRAZ: NATIVOS AMERICANOS

1º Premio (300 €): AI VEÑEN OS DE BUGALLIDO

GALERÍAS DE IMAXES DO ENTROIDO 2023

Premer nas ligazóns para ver as fotos

Concurso | Premiados