24-11-2025
     
Centro Social Polivalente

RELATORIOS ARREDOR DO 25N

Dende o Concello de Brión sumámonos ao compromiso firme de construír unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria. A violencia contra as mulleres é unha realidade que nos interpela a todas e todos, e fronte a ela só cabe estar unidas e unidos.

Para contribuír á prevención, ao apoio e ao acompañamento, organizamos dúas asesorías especializadas e totalmente de balde:

Luns 24 de novembro · 17:00 – 18:30
Asesoría xurídica sobre violencia de xénero

Con Cristina Martínez, avogada.
Espazo para resolver dúbidas, coñecer recursos legais e saber como actuar se somos vítimas ou testemuñas.

Luns 1 de decembro · 18:00 – 19:30
Asesoría sobre violencia sexual

Con Lara Fuentes, psicóloga.
Falaremos de desexo, liberdade, mitos… e de como identificar e actuar ante situacións de violencia sexual.

Centro Social Polivalente
Inscrición no 981 509 910

Actividades de balde. Xuntas e xuntos contra a violencia machista.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-01
Documentos