VACACIÓNS PARA MAIORES IMSERSO 2026 · 2027
PERSOAS BENEFICIARIAS:
A) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ter 65 anos ou máis
- Ser pensionista de xubilación
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos
- Percibir outras pensións con 60 anos cumpridos
- Ser perceptora de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos
- Cónxuxes de calquera idade e fillos/as con discapacidade igual ou superior ao 45 %
B) Persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro, sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado A).
C) Persoas españolas de orixe emigrante que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
DESTINOS:
- Zona Costeira Peninsular
- Zona Costeira Insular
- Turismo de Escapada:
· Circuítos Culturais
· Turismo de Natureza
· Capitais de Provincia
· Cidades de Ceuta e Melilla
SOLICITUDES:
Do 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2026
Preferiblemente a través da sede electrónica do Imserso · www.imserso.es
Tamén no Centro Social Polivalente, situado na Avenida de Santa Minia, 46, con cita previa no 981 50 99 10.