O Concello foi beneficiario dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un importe total de 23.304,36 €, destinada á contratación de espectáculos incluídos no programa Rede Cultural 2025. Esta contía representa o 60 % do caché dos grupos participantes, mentres que o 40 % restante será asumido polo Concello, cunha achega municipal de 15.562,40 €.
“Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía organizada polos Concellos de Brión, Ames e a Deputación da Coruña, celebra este ano a súa cuarta edición. O evento conmemora a histórica Batalla de Altamira, acontecida o 13 de xuño de 1471, e terá lugar o venres 13 e sábado 14 de xuño cun variado programa de actividades culturais e de divulgación histórica.
Se queres formar parte da nosa Escola de referencia en Brión e non estiveches matriculado/a no curso anterior, este é o teu momento. Aquí tes toda a información para non perder detalle.
Período de Matrícula