14-06-2025
     
Inicio 16:30 - Final 22:00 h.
Varios lugares dos concellos de Ames e Brión. Final nas Torres de Altamira (Brión)

RUTA TEATRALIZADA POLOS ESCENARIOS DA BATALLA DE ALTAMIRA | ALTAMIRA BRILLA

Regresa a tradicional ruta teatralizada polos escenarios da "Batalla de Altamira". Un interesante recorrido polos escenarios máis significativos da batalla que rematará cunha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns nas Torres de Altamira en Brión.

Combinaranse tramos e pé e en autocar cun percorrido polos escenarios da Batalla de Altamira (Augapesada, Ponte Maceira, Trasmonte e As Torres)

Programa:

  • 16:30h. Saída en autocar da Carballeira de Santa Minia (Brión)
  • 16:45h. Saída en autocar do Pazo da Peregrina (Ames)
  • 17:00h. Inicio da ruta desde Augapesada (Ames)
  • 20:00h. Remate da ruta nas Torres
  • 20:30h. Presentación e contextualización
  • 21:00h. Representación teatral
  • 22:00h. Regreso do autocar aos lugares de orixe

 

Para inscribirse na ruta é necesario enviar un mail a rutabatallaaltamira@gmail.com

Dispoñibles 50 prazas. Reserva por orde de inscrición.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-06-14