O Concello de Brión asina o convenio da Rede Cultural 2025

Logotipo da Rede Cultural da Deputación da Coruña
O Concello de Brión ven de asinar coa Deputación Provincial da Coruña o convenio para os espectáculos da Rede Cultural 2025

O Concello foi beneficiario dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un importe total de 23.304,36 €, destinada á contratación de espectáculos incluídos no programa Rede Cultural 2025. Esta contía representa o 60 % do caché dos grupos participantes, mentres que o 40 % restante será asumido polo Concello, cunha achega municipal de 15.562,40 €.

A Deputación da Coruña convoca anualmente esta liña de axudas co obxectivo de contribuír á difusión e promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cinema e doutras manifestacións artísticas no conxunto da provincia. Ademais, a iniciativa procura achegar estas actividades culturais aos concellos, promovendo o seu acceso por parte da cidadanía, así como fomentar o uso e a normalización da lingua galega e avanzar na igualdade de xénero a través da cultura.

A Rede Cultural configúrase como un espazo de programación artística que ten como finalidade garantir unha oferta cultural ampla, diversa e de calidade nos municipios da provincia. Deste modo, contribúe a reforzar a capacidade dos concellos para ofrecer programacións culturais que cheguen a toda a veciñanza.

O Concello de Brión destinará estes cartos para contratar os seguintes espectáculos:

ESCENA AO VIVO – CATEGORÍA PROFESIONAL CICLO DE ESPECTÁCULOS DE INTÉRPRETES PROFESIONAIS DE MÚSICA
  • Budiño: Xira Branca Vela
PROGRAMA DE ESPECTÁCULOS PROFESIONAIS DE TEATRO E MONICREQUES
  • Compañía Humana: Iphixenia na porta do súper
  • De Ste Xeito Producións: Neura, unha comedia neurítico-festiva
  • Sarabela Teatro: Made in Galiza
  • Redrum Teatro: Sophie non é o meu nome de guerra
PROGRAMA DE MAXÍA
  • Cayetano Lledó: Maxía, Maxía
RC-CC
  • Malasombra: O proceso
  • Tarabela Creativa: Boa sorte, mala fama
  • Serea Teatro: Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller