CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 20252026 DO CONCELLO DE BRIÓN

Por resolución desta alcaldía do 23.06.2025 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2025/2026 do Concello de Brión.

PRAZO PECHADO: o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 30 de agosto de 2025 ás 24:00 horas.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

- Prioritariamente a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodebrion.gal)
- No Rexistro Auxiliar do Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres laborais en horario de 9:00 a 14:00 horas)
- Por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos