ALTAMIRA BRILLA 2025 (Batalla de Altamira)
Despois do adiamento do mes de xuño por mor da meteoroloxía adversa, regresa a programación de actividades da cuarta edición de ALTAMIRA BRILLA
As actividades que non se puideron realizar en xuño, celebraranse o domingo 21 de setembro. Tamén se celebrará unha segunda representación teatral da “Batalla de Altamira” o domingo 5 de outubro.
PROGRAMA
Domingo, 21 de setembro
- 12:30 h. Representación teatral “A Batalla de Altamira” a cargo de Os Quinquilláns.
- 20:00 h. Actuación do Grupo de Pandereteiras da Costaneira de Ames
- 20:30 h. Actuación do Grupo de Pandereteiras de Brión
- 21:00 h. Concerto do grupo Carmela
Domingo, 5 de outubro
- 12:30 h. Representación teatral “A Batalla de Altamira” a cargo de Os Quinquilláns.
Lugar de celebración: Torres de Altamira (Brión).
Acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-05