MULLERES FRONTE Á EMERXENCIAS CLIMÁTICA
Volven os encontros de mulleres comprometidas co coidado da terra e das persoas, un espazo para reflexionar, compartir saberes e construír alternativas sostibles dende unha perspectiva de xénero.
Estes encontros tiveron un grande éxito hai dous anos, e agora queremos continuar este proxecto que recoñece o papel fundamental das mulleres na transición ecolóxica e na igualdade social.
Podes participar tanto se xa formaches parte nas edicións anteriores coma se é a túa primeira vez.
Primeira xuntanza: mércores 12 de novembro
Horario: 17:30 a 19:00 h
Lugar: Aula do Centro Social Polivalente de Brión
Dirixido a: mulleres de todas as idades
Actividade de balde
Inscricións: sabela.losada@concellodebrion.gal · 981 50 99 10
Ao longo de varias sesións, as participantes serán as auténticas protagonistas dun proceso de diálogo e creación colectiva que culminará cunha acción final autoxestionada, aberta á comunidade e especialmente dirixida ás xeracións máis novas.