19-12-2025
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO | "Mamá" de Farándula Velutina

O grupo de teatro Farándula Velutina presenta en Brión a obra "Mamá", unha comedia escura e tenra para toda a familia (nais e fillas incluídas).
Ciclo FEGATEATRO 2025

Tódolos públicos | Comedia

Sinopse:

As relacións entre nais e fillas son profundas e complexas. "Mamá!" explora os matices e as arestas destas relacións a través de nove divertidas historias nas que nais e fillas se insultan, se respectan, se apertan, se pelexan, se buscan, se distancian, se ignoran, se coidan, se odian e, por suposto, se queren.

DATA: venres 19 de decembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-19