23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o Concello de Brión convida a toda a cidadanía a participar na programación especial de actividades para homenaxear á nosa autora máis senlleira, especialmente vinculada ao noso concello a través de Bastavales.
Programa
XOVES 12 DE FEBREIRO
Dende Rosalía | A Xanela do Maxín
18:00 h. | Sala Municipal de Exposicións de Brión
Un percorrido emocionante pola historia literaria de Galicia da man das súas grandes creadoras. Nunha combinación de teatro, poesía, música e pequenas sorpresas escénicas, hologramas e personaxes fantásticos conviven para mostrar que estas mulleres non só fixeron historia, senón que continúan inspirando ás xeracións máis novas.
Espectáculo infantil/familiar
Entrada de balde.
VENRES 20 DE FEBREIRO
O sentir universal de Rosalía | Brión, unha historia que contar
20:30 H. | Centro Social Polivalente
Unha experiencia artística arredor de Rosalía de Castro. Coa interpretación de Chiruca Tarrío, a música de Francisco Castro e a participación de Teatro das Maniotas do IES de Brión.
Entrada de balde.
SÁBADO 21 DE FEBREIRO
Rosalía de Castro, como cor de ouro pálido
20:00 H. | Centro Social Polivalente
Unha viaxe a través da imaxe, o son e a palabra inspirada na poesía de Rosalía. Con Rafa Fernández (guitarra/composición), Lara Dopazo (voz) e Iván Torres (videocreación)
Entrada de balde.
LUNS 23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Alborada, ofrenda, lecturas
12:00 h. | Igrexa S. Xiao de Bastavales
Acto homenaxe a Rosalía de Castro.
Caldo de Gloria
Homenaxe a Rosalía degustando un petisco do tradicional caldo galego.
En diferentes establecementos hostaleiros de Brión.
Café con verso
Tomar un café acompañado dun poema de Rosalía de Castro.
En diferentes establecementos hostaleiros de Brión.
VENRES 27 DE FEBREIRO
De nome Rosalía | Grupo Ouriol
20:30 H. | Centro Social Polivalente
Espectáculo dedicado á poesía de Rosalía de Castro, especialmente á recollida en Cantares Gallegos e Follas Novas. Con Eva Veiga, Bernardo Martínez, Fito Ares e Alfonso Costa.
Entrada de balde.