ABRIL, MES DO LIBRO E A LECTURA: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A REBELIÓN DA LECTURA"
Un audiovisual producido por Espazo de Lectura sobre a dimensión humana do fomento da lectura. Un percorrido polos vinte anos desta organización que se converteu converteu nun insólito referente do activismo cidadá a favor do libro e a lectura.
Sinopse:
Espazo Lectura é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a lectura en lingua galega. Mediante voluntariado, desenvolve ao longo do ano actividades para todas as idades: dende bebés a adultos (Noite na Biblioteca, Contomar, Lendo Contigo, Contos en Cueiros, Lecturas Debuxadas...).
No ano 2026 vanse cumprir 20 anos do Contomar, a primeira actividade de Espazo Lectura, e para celebralo estamos preparando unha longametraxe documental sobre a historia da asociación, que recolla todos estes anos de traballo e ilusión: A rebelión da lectura.
DATA: 7 de maio
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Ao final da proxección, coloquio con Asun G. Losada e Alma Alonso (directoras)
Entra libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade co patrocinio da Deputación da Coruña. Incluída na programación "Abril, mes do libro e a lectura" da BPM de Brión.