O Concello de Brion recibe unha subvención para mantemento do persoal en xestión cultural

Imaxe da Casa de Cultura de Brión
A axuda da Deputación da Coruña está dirixida ao financiamento dos gastos do persoal técnico nos servizos municipais de Cultura para o ano 2026

A subvención, por importe de 14.475 €, destinarase a sufragar os gastos de mantemento do xestor cultural municipal, encargado da programación das actividades culturais e da coordinación do Departamento de Cultura do Concello de Brión.

Máis información no portal web da Deputación da Coruña