OUTONO CULTURAL | Teatro | EL VACÍO FÉRTIL: Calígula, El juguete de un loco
A compañía teatral arxentina El Vacío Fértil presenta en Brión o seu espectáculo "Calígula: el juguete de un loco".
Unha obra de teatro escrita e dirixida por Marina Wainer.
Xénero: drama, histórico | Público adulto | Duración: 75 min.
Sinopse:
A historia presenta a un Calígula mozo impaciente por chegar ao poder que acelera a morte do emperador Tiberio. Xa convertido en emperador, goberna guiado polas figuras de Drusila, Cesonia e o seu cabalo Incitado. Tras a morte de Drusila, a súa tolemia acelérase ata culminar no seu propio desenlace.
Elenco: Romi Pinto, Iván Steinhardt, Marina Wainer
DATA: venres 16 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social
Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.
Co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña