16-10-2026
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | Teatro | EL VACÍO FÉRTIL: Calígula, El juguete de un loco

A compañía teatral arxentina El Vacío Fértil presenta en Brión o seu espectáculo "Calígula: el juguete de un loco".
Unha obra de teatro escrita e dirixida por Marina Wainer.

Xénero: drama, histórico | Público adulto | Duración: 75 min.

Sinopse:

A historia presenta a un Calígula mozo impaciente por chegar ao poder que acelera a morte do emperador Tiberio. Xa convertido en emperador, goberna guiado polas figuras de Drusila, Cesonia e o seu cabalo Incitado. Tras a morte de Drusila, a súa tolemia acelérase ata culminar no seu propio desenlace.

Elenco: Romi Pinto, Iván Steinhardt, Marina Wainer

DATA: venres 16 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social

Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.

Co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-10-16