CONCERTO DE SANTA CECÍA
A Banda de Música Municipal de Brión celebra Santa Cecilia cun concerto no Pavillón Municipal
O vindeiro 21 de novembro de 2026, a Banda de Música Municipal de Brión será a protagonista da axenda cultural co tradicional Concerto de Santa Cecía, patroa dos músicos.
O evento, organizado polo Departamento de Música do Concello de Brión, terá lugar no Pavillón Municipal (Espazo Escénico), a partir das 12:00 horas.
Baixo a dirección de Jorge Rey Barca, o público asistente poderá gozar dun repertorio especialmente preparado para a ocasión, que combina pezas clásicas e populares, demostrando o gran nivel e a paixón dos músicos locais.
A cita conta co apoio do Concello de Brión e da Deputación da Coruña, reafirmando o compromiso coa difusión da cultura musical no municipio.
Datos do evento:
- Data: 21/11/2026
- Hora: 12:00 h
- Lugar: Pavillón Municipal de Brión
- Entrada: Libre ata completar a capacidade do recinto.
Non perdas a oportunidade de celebrar a música en directo e apoiar á nosa banda. Agardámoste!