11-12-2026
     
20:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura). Carballeira de Sta. Minia nº 5

ENCONTRO LITERARIO: MARÍA CAO LÓPEZ PRESENTA O LIBRO "VACACIONES EN LISBOA"

A brionesa María Cao López presenta o seu último libro, "Vacaciones en Lisboa", unha novela editada por Letrame.

Nela narra a historia de Victoria, unha moza barcelonesa que viaxa ata Lisboa, cidade onde coñece e se namora de João. Unha relación que se trunca ante o rexeitamento dos pais deste. Unha viaxe a Edimburgo e unha carta fan que Victoria descubra sen querer a verdade.

María Cao naceu en Os Ánxeles, pero reside dende hai tempo en Barcelona, sen esquecer nunca as estreitas ligazóns que a unen a Brión. 

DATA: venres 11 de decembro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis información no blog da biblioteca municipal (en breve)

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-12-11