13-07-2021
     
Sala Municipal de Exposicións - Casa da Cultura (Brión)

REUNIÓN ABERTA DE COMPOSTELA RUPESTRE

Co fin de presentar e informar á cidadanía dos obxectivos e a dimensión da redacción do Plan Director de Compostela Rupestre por parte da Empresa TRIVIUM estratexias en cultura e turismo, vai celebrarse unha xuntanza aberta a colectivos e persoas interesadas.

Compostela Rupestre é un proxecto promovido pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos de Santiago, Ames, Teo, Val do Dubra e Brión que prevé a consolidación dun parque arqueolóxico co legado prehistórico e histórico dos municipios participantes.

Lugar de celebración: Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Brión)
Data e hora: o martes 13 de xullo ás 20:30 horas.

Aforo limitado. Precisarase reserva previa no tfno. 981 50 99 08 (mañás)

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-07-13