22-10-2021
     
Centro Social Polivalente

CICLO FEGATEATRO: "OLIMPO'S" DE FARANDOLEIRAS CABARÉ

A compañía FarandOleiras Cabaré presenta en Brión o seu espectáculo "Olimpo's"

Sinopse:
Un espectáculo “divino”. Como é xa tradicional en todos os seus espectáculos, a compañía segue fiel á súa proposta de teatro cabaré, onde combinan pequenas escenas de teatro con números musicais, sempre desde unha perspectiva crítica e actual.
Desta volta, FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos como viven e pensan as deusas e deusas dun hipotético (e bastante galego) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos pobres mortais. Neste Olimpo farandoleiro, tamén se imparten cursos de igualdade, tamén hai teito de cristal e... ata hai secesionismo galego!.

Comedia. Maiores de 14 anos. Duración aprox.: 65 min.

Data e hora de celebración: venres, 22 de outubro ás 20:30 h.

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe co nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-10-22